Emprazamento

O petróglifo sitúase nun cumio dun coto rochoso que limita polo oeste co chan da Feradura, no escarpe sobre o Río Barbantiño.

Descripción.

Este gravado aproveita una rocha que culmina un gran afloramento granítico. A rocha que preseta os gravados esta situada ó SE do afloramento e ao SW no cumio do Outeiro. O gravado consiste nunha cruz grega de brazos ensanchados nos extremos, coñecida como Cruz de Malta. Esta cruz está inscrita nun círculo e ten 4 coviñas nos espacios entre os brazos.

 

O círculo mide 28 cm de diámetro, a cruz 16×20 cm e as coviñas 2 cm de diámetro. Está feito con instrumento metálico. Pode tratarse dun fito delimitador dos cabaleiros da Orde de Xerusalén, que tiveron importancia na encomenda de Beade.

Rocha que alberga o petróglifo.
Detalle da Cruz de Malta.
Calco realizado por Nieves Amado Rolán.