1. ASPECTOS XERAIS
Lea atentamente o seguinte aviso legal relativo ao sitio web punxin.es
- Datos identificativos do ‘Prestador de servizos da sociedade da información” De conformidade co artigo 10 da Lei 34/2002, de servizos da sociedade da información e comercio electrónico, ponse no seu coñecemento que o Concello de Punxín, xestiona os contidos do sitio web https://punxin.es con domicilio social para estes efectos en Edificio Concello de Punxín, Punxín.No caso de querer poñerse en contacto con nós, pode dirixirse ao domicilio arriba indicado, así como ao email: contacto@punxin.es
- Aceptación e vixencia das condicións xerais e particulares O uso do sitio web implica a expresa e plena aceptación destas condicións xerais na versión publicada no momento en que a persoa usuaria acceda a este, sen prexuízo das condicións particulares que se puidesen aplicar a algúns dos contidos ou servizos concretos do sitio web.
2. CONDICIÓNS XERAIS DE USO DO SITIO WEB
2.1. Obrigacións de uso
Con carácter xeral, a persoa usuaria obrígase ao cumprimento destas condicións e termos de uso, e obrar sempre conforme á lei, aos bos costumes e ás esixencias da boa fe, empregando a dilixencia adecuada á natureza do servizo do que desfruta, e absténdose de utilizar o presente sitio web de calquera forma que poida impedir, danar ou deteriorar o seu normal funcionamento, os bens ou dereitos do titular (Concello de Punxín), do resto de persoas usuarias ou, en xeral, de calquera terceira persoa.
En particular, e sen que isto implique restrición ningunha á obriga asumida pola persoa usuaria de acordo co apartado anterior, na utilización deste web, a persoa usuaria obrígase a:
- Non introducir, almacenar ou difundir en ou desde o sitio web, calquera información ou material que fose difamatorio, inxurioso, obsceno, ameazador, xenófobo, incite á violencia, á discriminación por razón de raza, sexo, ideoloxía, relixión ou que de calquera forma atente contra a moral, a orde pública, os dereitos fundamentais, as liberdades públicas, o honor, a intimidade ou a imaxe de terceiras persoas e, en xeral, que vulnere a normativa vixente española e do seu país de residencia.
- Non introducir, almacenar ou difundir mediante o sitio web ningún programa de ordenador, datos, virus, código, ou calquera outro ficheiro que sexa susceptible de causar danos ou calquera tipo de alteración no sitio web, en calquera dos servizos, ou en calquera dos equipos, sistemas ou redes do Concello de Punxín, de calquera persoa usuaria, ou en xeral de calquera terceira persoa, que poida impedir o seu normal funcionamento.
- Non destruír, alterar, utilizar para o seu uso, inutilizar ou danar os datos, informacións, programas, documentos electrónicos, ou en xeral, os ficheiros, do Concello de Punxín, das persoas usuarias ou de terceiras persoas.
Co fin de mellorar as prestacións do sitio web, o Concello de Punxín resérvase o dereito, en calquera momento e sen notificación previa ás persoas usuarias, a modificar, ampliar ou suspender temporalmente a presentación, configuración, especificacións técnicas e servizos do sitio web, de forma unilateral.
Do mesmo modo, resérvase o dereito a modificar en calquera momento as presentes condicións de uso, así como as condicións particulares que, no seu caso, se inclúan, mediante a publicación das ditas modificacións no sitio web co fin de que poidan ser coñecidas polas persoas usuarias.
2.2. Exoneración de responsabilidade
O Concello de Punxín non será responsable:
- Con carácter xeral, do uso inadecuado do seu sitio web. As persoas usuarias deberán realizar un uso adecuado deste, de acordo coas condicións e termos anteriores, sen que poida ter ningunha responsabilidade o titular pola utilización indebida.
- En relación con posibles deficiencias técnicas. O Concello de Punxín non será responsable en ningún caso das alteracións no servizo que se produzan por fallos na rede eléctrica, na rede de conexión de datos, no servidor ou en calquera prestación.
- En relación co acceso por terceiras persoas ao seu sistema. O Concello de Punxín adoptará as cautelas técnicas necesarias a fin de protexer os datos e información á que se accede, pero sen que sexa responsable de actuacións de terceiras persoas que, vulnerando as medidas de seguridade establecidas, accedan aos citados datos.
- O Concello de Punxín inviste constantemente en medios tecnolóxicos que intentan minimizar o risco de virus e software similar, e contidos non autorizados nos seus sistemas de información. A pesar de isto, a persoa usuaria é consciente de que debe adoptar as súas propias medidas orientadas a minimizar os danos ocasionados por software non autorizado, virus, troianos e calquera clase de software denominado malware (código malicioso), eximindo ao Concello de Punxín de toda responsabilidade que puidese derivarse da contención de código malicioso nos tratamentos habilitados neste web.
2.3. Utilización de hiperenlaces
A persoa usuaria de Internet que queira introducir enlaces desde as súas propias webs á páxina web do Concello de Punxín, deberá cumprir coas condicións que se detallan a continuación sen que o descoñecemento destas evite as responsabilidades derivadas da Lei.
O enlace unicamente vinculará coa páxina principal (home page) do sitio web pero non poderá reproducila de ningunha forma (inline links, copia dos textos, gráficos, etc.). Quedará en todo caso prohibido, de acordo coa lexislación aplicable e vixente en cada momento, establecer frames ou marcos de calquera tipo que envolvan a páxina web ou permitan a visualización dos contidos a través de enderezos de Internet distintos aos da páxina web municipal e, en calquera caso, cando se visualicen conxuntamente con contidos alleos á páxina web municipal de forma que: (I) produza, ou poida producir, erro, confusión ou engano nas persoas usuarias sobre a verdadeira procedencia do servizo ou contidos; (II) supoña un acto de comparación ou imitación desleal; (III) sirva para aproveitar a reputación da marca e prestixio do Concello de Punxín; ou (IV) de calquera outra forma resulte prohibido pola lexislación vixente. Non se realizarán desde a páxina que introduce o enlace ningún tipo de manifestación falsa, inexacta ou incorrecta sobre o Concello de Punxín, a súa presidencia, o seu persoal a calidade dos servizos que presta ou a cidadanía á que da servizo.
Salvo en casos expresamente autorizados polo Concello de Punxín, non se expresará na páxina onde se sitúe o enlace, que o Concello de Punxín prestou o seu consentimento para a inserción do enlace ou que doutra forma patrocina, colabora, verifica ou supervisa os servizos do remitente.
Está prohibida a utilización de calquera marca denominativa, gráfica ou mixta ou calquera outro signo distintivo do Concello de Punxín dentro da páxina do remitente salvo nos casos permitidos pola lei ou expresamente autorizados polo Concello de Punxín, e sempre que se permita, nestes casos, un enlace directo coa páxina web na forma establecida nesta cláusula.
A páxina que estableza o enlace deberá cumprir fielmente coa lei e non poderá en ningún caso dispoñer ou enlazar con contidos propios ou de terceiras persoas que: (I) sexan ilícitos, nocivos ou contrarios á moral e aos bos costumes (pornográficos, violentos, racistas, etc.); (II) induzan ou poidan inducir na persoa usuaria a falsa concepción de que o Concello de Punxín subscribe, apoia, se adhire ou de calquera maneira apoia, as ideas, manifestacións ou expresións, lícitas ou ilícitas, da persoa remitente; (III) resulten non apropiados ou non pertinentes coa actividade en atención ao lugar, contidos e temática da páxina web do remitente. Igualmente, a persoa usuaria absterase de incluír na páxina web calquera hiperenlace dirixido a unha páxina web que conteña información ou contidos ilícitos, contrarios á moral e aos bos costumes xeralmente aceptados, e á orde pública.
Os hiperenlaces contidos no sitio web do Concello de Punxín poden dirixir a páxinas web de terceiras persoas. O Concello de Punxín non asume ningunha responsabilidade polo contido, informacións ou servizos que puidesen aparecer no dito sitio, que terán exclusivamente carácter informativo e que en ningún caso implican relación ningunha entre o Concello de Punxín e as persoas ou entidades titulares de tales contidos ou titulares dos sitios onde se atopen.
2.4. Propiedade intelectual e industrial
Non se permite a utilización dos signos distintivos (marcas, nomes comerciais), salvo autorización expresa dos lexítimos titulares. Salvo autorización expresa do Concello de Punxín, non se permite o enlace a “páxinas finais”, o “frame” ou calquera outra manipulación similar. Os enlaces deben ser sempre á páxina principal (homepage) do sitio web.
2.5. Enlaces al canal del prestador en redes sociales
O CONCELLO DE PUNXIN pon a disposición das persoas usuarias, a través de diferentes aplicacións, medios de enlace que permiten as usuarias acceder ás páxinas do Sitio Web que CONCELLO DE PUNXIN mantén en diferentes redes sociais xestionadas por terceiras persoas (p.ex. Facebook, Twitter, etc.). Esta inclusión ten por obxecto facilitar as persoas usuarias o acceso a ditas canles nas redes sociais correspondentes.
Porén, a existencia destas aplicacións non implica relación algunha entre o CONCELLO DE PUNXIN e persoa propietaria da rede social, ni tampouco a aceptación por parte do CONCELLO DE PUNXIN dos contidos ou servizos que o seu titular poida ofrecer.
En ningún caso o CONCELLO DE PUNXIN comparte coas redes sociais nas que está presente ningún tipo de información privada ou confidencial sobre as súas persoas usuarias, siendo a súa única finalidade a establecida nas presentes Condicións Xerais de Uso. Neste senso, toda a información que o propia persoa usuaria desexe proporcionar a estas plataformas será baixo a súa propia responsabilidade, non intervindo o CONCELLO DE PUNXIN en dito proceso.
Dado que o CONCELLO DE PUNXIN non ten control sobre o contido aloxado en ditas redes sociais, a persoa usuaria recoñece e acepta que o CONCELLO DE PUNXIN non asume responsabilidade alguna polo contido nin polos servizos aos que a persoa usuaria poida acceder en ditas páxinas. Por tal motivo, as persoas usuarias debe extremar a cautela na utilización das redes sociais enlazadas.
2.6. Xurisdición e lexislación aplicable
Os termos e condicións que rexen este sitio web e todas as relacións que puidesen derivarse se atopan salvagardadas pola lexislación española. Calquera controversia que puidese derivarse do acceso ou a utilización deste sitio web será de competencia dos tribunais do Concello de Punxín.