No Concello de Punxín o número de cruces, cruceiros e petos de ánimas é bastante limitado, existen un total de 10. Cada unha das 6 parroquias conta co seu cruceiro. En xeral non parece que teñan unha antigüidade moi elevada, case a metade dos catalogados son moi modernos, construídos xa no século XX.
Con todo, son un referentes territorial do municipio e en torno a eles se organizan as diferentes procesión realizadas nas parroquias do Concello.
Cruceiro da Igrexa de Barbantes
Situado nun parque recreativo situado ao outro lado da estrada que pasa a carón da igrexa parroquial.
Atópase no lugar de Ourantes, ó carón da igrexa parroquial, no torreiro da festa, ocupando una posición de encrucillada coa estrada que vai cara ó Vilar.