Emprazamento

Trátase dun complexo petróglifo de gran antigüedade localizado durantes as tarefas de construcción da Autoestrada AG-53. Foi trnasladado por medios mecánicos ata a súa localización actual, unha pista de terra que corre paralela a esta. Aínda que na actualidade se atopa fincado e exento, nada ten que ver coa súa posición orixinal. No momento do seu descubrimento, debía estar parcialmente cuberta por sedimento, xa que os seus gravados se atopan en bó estado de conservación, apenas habían sufrido erosión e non había presenza de líquenes nin musgos.  

Descripción

No panel pódense observar 3 motivos principais a base de círculos concéntricos con cazoleta central e 3 motivos secundarios,  unha pequena combinación psudoespiral con cazoleta central, outro cun motivo cuadrangular de pequeño tamaño dividida en cuartos e outra combinación circular con cazoleta central e radio lonxitudinal.

Ademáis destes motivos, hai que destacar a presenza de 22 cazoletas, 8 delas no exterior dos motivos e as restantes integradas dentro das combinación circulares.

 

Calco do petróglifo de O Coto. Fonte: Miguel A. Vida Lojo (2009)

Debido á súa temática abstracta non resulta doado realizar unha interpretación literal do seu significado. Tan só podemos suxerir que debeu ser realizado durante a Idade do Bronce durante o III e o II milenio antes de Cristo, hai máis de 4.000 anos. Este tipo de gravados veñen a relacionarse con demarcadores territoriais, asociados normalmente a lugares de paso e límites teritorias. Debemos ter en conta que se atopa nun lugar de tránsito histórico a traveso do Val do Río Barbantiño.  

Por outra banda, a zona na que se atopa o petróglifo sigue sendo na actualidade unha zona de límites administrativos (moi común neste tipo de petróglifos), onde confúen os concellos de Ourense, Amoeiro e Punxín. De feito moi preto do petróglifo podemos atopar un antigo Marco de división de parroquias, nas que s epode observar unha cruz inscrita nun bloque granítico coas iniciales «A» (Amoeiro), «P» (Punxín) e «C» (Canedo).

Marco divisorio dos concellos de Amoeiro, Punxín e o extinto Canedo.

Ademáis, tamén moi próximo a este petróglifo, se labrou máis tardíamente (seguramente en época medieval) un lagar rupestre coñecido como lagar da Golpilleira, que atestigua a importancia que ao longo da historia ten tido esta ladeira do Río Barbantiño.

Lagar da Golpilleira