Trátase dun conxunto de petróglifos situado na ladeira dun pequeno coto que limita ao oeste co Chan da Ferradura, moi próximo ao escarpe do Río Barbantiño.

A Ferradura I

DESCRIPCIÓN: Trátase de 2 afloramento graníticos que albergan unha serie de gravado de difícil interpretación, xa que se atopan parcialmente tapados polo musgo e con un alto nivel de deterioro.

Na rocha 1, unha rocha de 2 m de longo e 1,70 m de altura, podemos obvservar 5 cazoletas. Na rocha 2, existen un total de 12 cazoletas e un surco, ademáis dunha gravura dunha Cruz de época moderna.

Rocha 1.
Esquerda : Fotografía Rocha 2 Dereita: Calco do petróglifo realizado por Nieves Amado Rolán.

A Ferradura II

DESCRIPCIÓN: Trátase dunha gran rocha de forma semiesférica que ten gravadas 20 cazoletas na súa parte superior, de entre 4 e 8 cm de diámetro. 

Esquerda: Fotografía Ferradura II. Dereita:Calco realizado po Nieves Amado Rolán