O edificio sitúase nun lugar elevado á beira da actual estrada, nun espazo no que debeu existir unha antiga ermita da cál na actualidade se conserva un sepulcro adicado a San Wintila datado do S. IX. Posteriormente a esta ermita, erixíuse unha Igrexa románica, da que hoxe se conservan tan só os muros laterais da nave e o arco triunfal. Ademáis das sucesivas reformas (existen restos góticos así como unha reforma do s. XVII), o edificiu sufriu unha profunda remodelación no ano 1924, con motivo da construcción da estrada N-541, que significou o cambio de orientación da mesma. Aínda que na súa orixe, o templo respetaba a típica orientación litúrxica Leste-Oeste, na actualidade a ábsida atópase orientada cara o poñente, e a entrada principal cara o Leste.
O van principal de acceso ábrese na fachada de levante e consiste nun arco apuntado e dobrado, Orixinalmente este arco correspondíase co arco triunfal que permitía o acceso ao presbiterio na zona absidal.
O arco apéase en columnas de fustes lisos, compostos cada un deles por catro semitambores, apoiados en baseas áticas
O capitel do lado esquerdo decora a súa cesta co emprego de follas de acanto apuntadas e finalizadas nunha bóla, mentres o seu homólogo ao lado dereito exhibe a representación de tres animais cuadrúpedos difíciles de interpretar, aínda que algún investigador quixo ver neles as figuras de tres osos, dous deles loitando.
Detalle do Capitel esquerdo
Detalle do Capitel dereito
O ábside e románico atópase na actualidade adosado ao muro oeste da cabeceira conservando a súa planta rectangular e o tellado a dúas augas.
O Sartego de San Wintila
No interior da nave, nun habitáculo delimitado por un arco apuntado, á dereita do altar, atópase un sartego de granito con forma trapezoidal, cunha cuberta en estola, cuxas dimensións son superiores ás da caixa de inhumación. O sartego está atribuído pola tradición popular e en base á súa inscrición a San Wintila. A peza dátase no ano 890 d. C.
Na cara frontal da caixa apréciase unha decoración a base de arcos que se repite aos pés. Na tapa o motivo decorativo é a estola con triplo baquetón central, así como unha cruz asturiana e unha esquemática representación figurada. Sobre unha das vertentes da cuberta empregouse unha decoración vexetal e nun lateral aparece unha inscrición gravada incompleta, na cal pode lerse un epitafio cunha fórmula habitual: hic reqviesc[i]t famuLus dei, é dicir, “aquí descansa o servo de Deus”.
Na vertente oposta consérvase un segundo epígrafe posterior pintado en caracteres negros que, a excepción do salmo final, considérase a transcrición libre do texto primitivo, no seu momento repenicado, que di o seguinte: hic requiescit servus dei wintiLa qui obit die 23 decembrs (sic) anno 890. Ao devandito epígrafe engadíuselle o seguinte salmo: pretiosa in conspectu Domini mors Sanctorum [ eius].
Sartego de San Witila
A Fonte de San Wintila
Aos pés da Igrexa, erixiuse en 1762 a popular fonte de San Wintila. Nela podemos observar restos arquitectónicos do antiguo templo románico. Entre eles, destaca a columna columna de estilo gótico cun capitel decorado con ornamentación vexetal. A columna da esquerda desapareceu nun momento indeterminado.
Fonte de San Witila
Gestionar el consentimiento de las cookies
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional
Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos.El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.