o cruceiro está colocado sobre dous chanzos cadrados, sobre os que se colocou un cubo que funciona como base. As catro caras desta base están profusamente decoradas, ainda que o estado de deterioro no que se atopa dificulta moito a súa comprensión:
-Na parte frontal, dúas figuras que parecen levantar algo, quizáis una cruz.
-No lado traseiro vése una caveira sobre dúas tibias cruzadas.
-Na banda dereita podemos ver o purgatorio con tres ánimas introducidas nunha especie de tixola. Esta imaxe, moi comñun nas representación dos Petos de ánimas representa o coñecido como «Caldeiro de Pedro Botero”. A figura central permanece pasiva, coas mans unidas en oración, mentres que as dos lados levantan os brazos en demanda de auxilio.
-Na banda esquerda pódese observar a representación dun dragón.
Parte frontal da base.
Parte traseira da base,
Parte dereita da base.
Parte esquerda da base,
O varal é cadrado e con arestas rebaixadas, de pouca altuta (1,50) e moi groso (perímetro 74 cm). Está coroado por un capitel de 4 lados composto por follas de acanto no que se fica una cruceciña romboidal que amosa na parte dianteira un Cristo pegado totalmente ao madeiro mirando cara a dereita e o corpo moi arqueado. Debaixo vese una carteleira de INRI. Polo reverso hai una virxe de pé, totalmente inexpresiva coas mans unidas en oración sobre o peito.