Situado fronte a fachada principal da Igrexa de Santa María de Punxín, diante xusto da Fonte de Wintila. Trátase dun cruceiro modern. , Nun artigo sobre as “Cruces, cruceiros e petos do Concello de Punxín”, Estalislao Fernández de la Cigoña Núñez xuxire que, «a xulgar pola súas características polo escultor Julio González Rodríguez, que ten o seu Obradoiro en Santa Cruz de Arrabaldo. Este escultor foi discípulo de Vidal Payo Fernández».
O cruceiro está soportado por unha base con forma de prisma cuadrangular, con todas a súas caras decoradas. Aínda que se atopa bastante deteriorada, podemos observar a representacións de dúas pombas en diferentes actitudes.
Sobre esta base, fíncase un varal groso, liso e ciclíndirco que se cubre por un capitel en forma de tronco de pirámide invertido. Aquí o capitel presenta as catro caras tamén adobiadas con diferentes alegorías.
No frontal o nacemento de Xesús en Belén, na que se poden apreciar o boi e a mula, adivinándose a presenza do meniño no berce. Na banda dereita e na esquerda dous paxaros baixo una árbore de estilo modernista, e na traseira, a representación do descenso do Señor por medio de dous anxos.
.
Parte dianteira do capitel, onde se observan o boi e a mula, imaxen representativa do Nacemento
Parte traseira do capitel, ónde se observa o "Descenso" por mediación dos anxos.
Lado dereito do capitel. Imaxe de dous paxaros baixo unha árbore.
Lado esquerdo do capitel. Imaxe de dous paxaros baixo unha árbore.
Finalmente, a Cruz, con forma cuadrangular e coa imaxe dun Cristo non anverso. A imaxe presenta uns trazos sinxelos, cos brazos en ángulo recto, co corpo e o pé do lado dereito por riba do esquerdo.