Emprazamento

O xacemento instálase nun outeiro elevado sito na ladeira sur da mesma elevación na que se atopa o Castro de San Cibrán de Lás, dominando unha falda na marxe dereita do Río Barbantiño. 

O castro aproveita unha pequena elevación na que conflúen varios acuíferos. Ao norte do poboado atópanse as cabeceiras de pequenos arroios que descenden ata o río Barbantiño. Na actualidade aínda existen espazos de regadío aproveitados polos agricultores dos lugares de Ourantes e Rubiás. Seguramente debido a estas boas condicións para o regadío o espazo foi reocupado en época romana. Xusto enfronte, baixo a reitoral de Ourantes e a Igrexa Parroquial apareceron restos romanos e tégulas propias dun emprazamento romano, xa catalogado por Lopez Cuevillas (LOPEZ CUEVILLAS, 1930).

 

Ortofoto localización Castro de Ourantes.
Mapa de sombras coa localización do Castro de Ourantes.

Descripción

 

O Castro de Ourantes está composto por dous recintos delimitados por foso e murallas, cunha superficie aproximada de 2 ha. O primeiro recinto conta cunha superficie habitable de 0,7 ha, cunha pendente pouco pronunciada na que se documentan restos de construccións feitas con materiais vexetais. A murall aproveita esta pendente e érguese ao exterior cunha potencia de case 3 m. Dita muralla está feita con granito local e cun paramento helicoidal moi coidado, similar ao do Castelo de Laias, algunhas construcción de San Cibrán de Lás e no Coto do Mosteiro (Carballiño)

 

Morfoloxía do Castro de Ourantes a partir da fotointerpretación do Voo Americano de 1956. Fonte Yolanda Álvarez Gonzáles (2019)

Intervencións arqueolóxicas

Trátase xunto co Castro de San Cibrán de Lás e o de San Trocado, un dos poucos espazos arqueolóxicos do municipio no que se realizaron campañas arqueolóxicas, polo que resulta posible definir polo iúdo algunhas das características do mesmo.

O castro foi catalogado en 2002 durante as labores de prospección para o Inventario Arqueolóxico de
Galicia (realizado por Nieves Amado Rolán).

Unha vez a a dministración autonómica decidiu que San Cibrán de Lás sería un dos centros de cabecera da RGPA (Red Gallega de Patrionio Arqueolóxico) reordenáronse as intervencion que dende 2001 se estaban levando a cabo no interior de mesmo,  , ampliando as intenrvencións en outros xacementos da súa contorna.
Froito desta proposta de estudo territorial, planificóuse unha excavación no Castro de Ourantes entre os anos 2003-2005.

A excavación arqueolóxica do castro de Ourantes tiña como obxectivo identificar a secuencia cronolóxica e cultural, para elo realizáronse una serie de sondaxes valorativas.

Topografía xacemento e localización das sondaxes realizadas. Fonte Yolanda Álvarez González (2019)

Os momentos de ocupación do Castro de Ourantes

Como resultado desta intervención se realizaron unha serie de datacións que revelaron a existenza de dous momentos diferentes de ocupación do xacemento, ao que hai que engadir unha ocupaciñon posterior en época romana

-Primera ocupación datada entre os séculos VIII y V a.C. Este momento é anterior á construcción das murallas. Neste momento aparecen restos de vivendas vexetais.

-Segunda ocupación entre séculos IV a finais do s.III a.C caracterizada pola construcción das dúas liñas de muralla e o foso.

-Terceira ocupación: situada en momentos pertencentes xa á  época romana. Nestes niveis aparecen  tégulas e materiais de construcción, cerámicas e vidrios.

En resumo, podemos concluír que o Castro de Ourantes se funda entre os séculos VII e VI a.C. Neste momento non existen de momento murallas. Os restos atopados nos amosan estruturas realizadas en materiais vexetais. Posteriormente, e quizáis despóis dun breve momento de abandono, o xacemento sofre unha transformación intensa, coa construcción das murallas e os sistemas defensivos. Nun momento xa avanzada a Idade de Ferro, o xacemento parece abandonarse nun momento que coincide coa fundación do veciño Castro de San Cibrán de Lás.

Os materiais do Castro de Ourantes

Da primeira ocupación contamos con abundantes elementos ergolóxicos aínda que carecemos de datos sobre as estructuras habitacionais ao ser estas construidas con materiais perecedoiros.

Neste  primeiro nivel de ocupación aparecen abundantes restos domésitcos, especialmente cerámicas de cociña e ferramentas líticas, ademáis de varios muíños naviformes, restos de vasixas forno e parrillas e unha tapa de corteza de sobreira.

O segundo nivel son reseñables o 11 fragmentos de muíños e as fusaiolas.

 En xeral as cerámicas están realizadas a mao, utilizando torno lento e arcilla de boa calidad, cun acabado bastante cuidado coñecido como bruñido.

Tipos cerámicos Castro de Ourantes. Fonte. Yolanda Álvarez González (2019)

NEste repertorio cerámico identificáronse ademáis unha serie de motivos decorativos realizados mediante as técnicas de incisión, estampilla e bruñido, que configuran un repertorio artístico moi similar ao de outros castros cercanos.

Exemplos motivos decorativos cerámicas Castro Ourantes. Fonte: Yolanda Álvarez González (2019)

Ademáis de este conxunto de vasixas, atopáronse restos de gran valor documental como os fragmentos de fornos móbiles e parrillas de cociña, que nos axudan a comprender a vida cotiá das xentes que habitaron este interesante espazo.

Os fornos identifícanse por ser ser  pezas de barro cocido con bastante grosor e casi medio mero de diámetro na boca. Xeralmente estas pezas, documentadas tamén no Castro de Castromao, aparecen entre os séculos IV-III a.C. Recientemente tamén foron atopados restos deste tipo de fornos no veciño castro de Santa Mariña de Maside.

Anacos de fornos móbiles atopados no xacemento. Fonte: Yolanda Álvarez González (2019)
Esquerda: Reconstrucción da elaboración de fornos móbiles. Debuxo J. Manuel Acebo Juárez. Dereita: Anacos de fondo dos fornos atopados no Catro de Ourantes. Fonte Yolanda Álvarez González (2019)
Cocción experimental realizada cunha peza do Castro de Castromao. Fonte. Yolanda Álvarez González (2019)

Entre os materiais  líticos, fundamentalmente realizados en cuarcita, destaca a aparición de raspadores, percutores, ou pesas de rede de pesca.

En cánto aos metais, a súa aparición é escasa e atópanse en mal estado de conservación. Entre elas cabe destacar a presenza dunha agulla para o pelo, un pendente e unha pulseira, ademáis de elementos de suxeción como cravos, grapas e remates. Asociado a estos materiais metálicos, non se atoparon grandes indicios de traballos metalúrxicos, polo que cabe pensar na existenza dun mercado exterior no cál se abastecerían as xentes de Ourantes.

Fontes

Yolanda Álvarez Gonzáles. (2019): «El poblamiento castreño en la cuenca media del Miño: una visión diacrónica y territorial en la cuenca del Barbantiño«. Tesis Doctoral. Universidad Complutense de Madrid. Facultad de Geografía e Historia.»