Emprazamento

O xacemento atópase nun Outeiro rochoso con a forma cónica situado ao pé do regato do faro.

Descripción

Nun principio este xacemento foi catalogado como castro, pero tras unha prospección realizada no ano 2002 se considera como un xacemento defensivo non habitacional. Posiblemente una torre de
vixilancia que polos únicos xacementos de superficie (tegula) podería ser de cronoloxía romana. 

O Outeiro sobre o que se asenta é moi rochoso e de paredes case verticais, nas que non hai espacio para estruturas habitacionais nin terrazas. A única parte chaira é a parte superior, un recinto de 20 m de
diámetro, ónde se atoparon as tégulas. Non hai restos de terrapláns, parapetos nin foxos.

As tégulas son tellas rectangulares de orixe romana. Aínda que seralmente están feitas en cerámica, tamén poden ser de mármore ou pedra. As tégulas son planas, con rebordes ou pestañas nos rebordes polos lados para canalizar a choiva