Emprazamento

O petróglifo atópase no interior dun pequeno abrigo situado na ladeira do Outeiro de A Zarra, moi cercano ao Castro de A Zarra. Este pequeno outeiro forma parte do coñecido como  o chan de A Ferradura. 

Descripción

Trátase dun gravado composto por una figura abstracta consistente nunha liña que se bifurca en dous trazos. Xusto ao lado (ao W) deste gravado aparece una concentración de catro cazoletas. A pedra na que se atopa o gravado é parte dunha formación rochosa natural con forma de anel granítico. 

 

Esquerda: Fotografía petróglifo. Dereita: Calco petróglifo realizado por Nieves Amado Rolán.

Interpretación

Ao tratarse dun símbolo abstracto, non resulta doado realizar unha interpretación literal do mesmo. Neste caso debemos salientar que se trata dun elemento relacionado cun poboado da Idade do Ferro, O castro da Zarra. Neste sentido, resulta interesante a existenza, en lugares moi cercanos, doutros gravados de tipoloxía similares, tamén realizados en abrigos rochosos relacionados con contextos da Idade do Ferro. 

Un destes lugares, é o coñecido Petróglifo do Raposo, sito no lugar de Albeiros (Amoeiro). Este petróglifo ten sido obxeto de interpretacións que o relacionan con alineacións astronómicas. 

Esquerda: Fotografía petróglifo do Raposo. Dereita calco do Petróglifo do Raposo.

Recientemente, durante o Proxecto de Revitalización e Posta en Valor do Castro de Santa Mariña (Maside) foi descuberto un petróglifo de características moi similares. Éste atópase tamén no interior do Castro, nun abrigo rochoso situado na ladeira sur do mesmo.

Esquerda: Fotografía Petróglifo Santa Mariña Dereita:Calco Petróglifo Santa Mariña. Maside.

Todos estes petróglifos teñen en común ademáis, da tipoloxía e o contexto (abrigos rochosos situados en contextos castrexos), a súa orientación cara o prominente monte do San Trocado, espazo que tende a interpretarse como lugar central, común aos diversos castros situados nas inmediacións do curso baixo do Río Barbantiño.

Monte do San Trocado visto dende o Petróglifo de A Zarra.