Trátase dun conxunto de petróglifos localizados nunha suave ladeira que termina na chaira amesetada dos montes dos altos de Punxín, na parroquia de Santo Estevo de Vilamoure
Pena da Silva I
DESCRIPCIÓN: O gravado atópase na parte superior dunha rocha a ras de chan con 20 cazoletas de entre 2 e 9 cm de diámetro. A orientación da rocha é de NE-SW con inclinación cara o SW. A rocha mide 2,40 m de longo e 2,30 de ancho
DESCRIPCIÓN: O gravado atópase na parte superior dunha gran rocha a ras de chan, cortada por un valado de pedra que divide a rocha en dúas.
Na metade do leste hai 3 cazoletas. A mayoría dos gravados concéntránse na metade oeste, que tamén conta cunha serie de piletas naturais e diaclasas. Nesta metade oeste hai unhas 30 cazoletas que oscilan entre 2 e 7 cm de diámetro e entre 1 e 4 cm de profundidade. Algunhas destas cazoletas están unidas por surcos. Pode haber máis motivos que ahora non se ven polo musgo litófago que cubre partes da rocha.