Emprazamento

Sitúase nun gran afloramento granítico no rechán do escarpe occidental do Río Barbantiño.

Descripción

Trátase dun gran afloramento granítico no que se identificaron dúas estruturas diferentes. 

Por unha banda, unha rocha alongada e plana que alberga un petróglifo consistente en 33 cazoletas, algunhas delas conectadas mediante surcos e un rebaixe rectangular cunha cazoleta no centro., 

Por outra banda, existe, cara o noroeste do aforamento unha estrutura escavada na rocha. Dita estrutura está formada por unha serie de rebaixes para encaixar vigas e unha pía rectangular cun canal excavado. Ademáis, tamén existe unha plataforma rebaixada tamén escavada na rocha.  Parte do afloramento atópase cuberto pola maleza polo que non resulta posible visualizar o conxunto ao completo.

Calco do Esperolo realizado por Nieves Amado Rolán.
Pía rectangular con canal
Plataforma escavada na rocha
Encaixes para vigas
Encaixes para vigas

Interpretación.

De momento, e a falta de que se realicen estudos en profundidade do espazo, non resulta posible saber de que época é esta estructura nin a súa función.  Nos últimos anos, este tipo de estruturas estánse a interpretar como posibles lagares. Isto non resultaría extraño, xa que nos atopamos nunha zona de tradición vitícola. Neste sentido cabe recordar a existenza moi preto deste espazo do Lagar da Golpilleira. Unha estrutura de similar factura. Con todo, debido a que parte do afloramento está colmatado e colonizado polo musgo non podemos observar indicios que non indiquen claramente que se trate dun lagar.

Exemplo de un lagar rupestre. Fonte: "Las piedras que hacían vino . Viaje por los milenarios Lagares Rupestres de Galicia" publicado por Luis y Alejandro Paadín
Lagar da Golpilleira.

Outra posible función de dita estrutura sería a de servir de lavadoiros ou piletas de decantación para o procesado de metais. Neste sentido se interpretaron algunhas das pías do cercano Castro de Laias. Un parecido tipolóxico presentan tamén as estruturas  recentemente escavadas no Castro de Santa Mariña de Maside. 

Estrutura escavada na rocha no castro de Santa Mariña de Maside
Pía da Santa no Castro de Santa Mariña de Maside