Trátase dun conxunto de petróglifos situado na ladeira dun pequeno coto que limita ao oeste co Chan da Ferradura, moi próximo ao escarpe do Río Barbantiño.
A Ferradura I
DESCRIPCIÓN: Trátase de 2 afloramento graníticos que albergan unha serie de gravado de difícil interpretación, xa que se atopan parcialmente tapados polo musgo e con un alto nivel de deterioro.
Na rocha 1, unha rocha de 2 m de longo e 1,70 m de altura, podemos obvservar 5 cazoletas. Na rocha 2, existen un total de 12 cazoletas e un surco, ademáis dunha gravura dunha Cruz de época moderna.