Trátase dun edificio dunha soa nave, de planta rectangular con ábsida tamén rectangular e cuberta con tellado a catro augas. O edificio actual, que comezou a erixirse na primeira metade do século XIX, está construído sobre outro anterior de orixen románico.
A fachada da Igrexa é de estilo neoclásico, rematada nun frontón no que figuran esculpìdas a armas do Conde de Rivadabia. NO corpo baixo sitúanse dous arcos de medio punto. Na fachada tamén podemos observar unha ornacina que representa á Virxen e o neno.