Descripción

Igrexa cunha disposición, tanto na ánsida como na planta de forma rectangula. Conta cunha construcción a base de sillares colacados de xeito moi regular, aínda que poden observarse partes irregulares naquelas zonas que sufriron remodelacións posteriores. Con todo a igrexa de San Xoán de Ourantes está datada cara aprimeira metade do século XII. Na actualidade o edificio amosa dous vanos de entrada dispostos nos seus lados oeste e sur. 

 

A cara Oeste do edificio

A porta principal, remodelada con posterioridade, ábrese na cara occidental mediante una arquivolta con chambrana. A arquivolta, formada por un arco de medio punto, está decorada con motivos florais. Dita arquivolta está envolta por unha chambrana adobiada con motivos vexetais e un sogueado moi característico do románico galego.

 

 

Porta principal

A arquivolta está apoiada en columnas de fustes monolíticos que reposasn en basas de tipo ático. Os capiteles destas columnas están decorados con motivos zoomorfos (animais cuadrúpedos coas cabezas enfrontadas no lado esquerdo) e vexetais (no lado dereito).

A arquivolta delimita un tímpano liso suxeito por dúas mochetas tamén decoradas, un carneiro no lado esquerdo, e un lobo no dereito.

 

Capitel esquerdo da porta principal
Capitel dereito da prota principal

Por riba de esta portada ábrese una ventana saetera que ilumina o interior da nave. Esta fachada remata cun piñon sobre o que descansa un cordeiro (Agnus Dei). No século XVIII, á esquerda de esta portada engadíuse una torre campanario.

Campanario

A cara Norte do Edificio

Neste lado obsérvanse as diferentes remodelacións sofridas pola construcción dende a época medieval, especialmente unha gran remodelación froito da construcción da escada de acceso ao campanario.

Lado noroeste do edificio

O lado Sur do Edificio

Pola súa parte, o lado sur conserva a estructura propia do edificio medieval. Neste paramento ábrese outro vano de entrada, composto por un tímpano monolítico que, de novo, descansa sobre mochetas decoradas. Seguindo o mesmo esquema que a porta de entrada, podemos identificar un cordeiro á esquerda e un lobo á dereita. 

 

Porta Sur do Edificio
Figura de carneiro na mocheta porta Sur
Figura de lobo na mocheta da porta Sur

Nesta fachada, os canecillos sobre os que descansa a cornisa do tellado están decoados con diferentes motivos.

Cara sur do edificio

A cabeceira do Edificio

A ábsida da igrexa está cuberta con un tellado a dúas augas, rematado nun piñón sobre o que se atopa un carneiro que porta sobre o seu lomo unha cruz patada cun Cristo inscrito no centro.

Polo seu lado sur ademáis podemos observar que os canecillos nos que se apoiao o alero teñen reprrsentacións figurativas, entre as que destacan unha figura portando un libro e un músico portando unha viola.

Canecillos do lado Sur da cabeceira
Canecillo do lado sur da cabeceira