Emprazamento

Está situada nun outeiro prominente de 550 metros de altura (o máis alto da contorna) que recibe o propio nome de San Trocado. Trátase dun mone común dos concellos de S. Amaro, Punxín e Cenlle.

Descripción

De planta rectangular e muros de pequeno sillar de mampostos. Ten un elemento na entrada a modo de soportal continuando o propio tellado da ermida, que é a dúas augas con cuberta de madeira e tella curva. Ermida na que se celebra a romaría de San Torcuato e sérvelles de refuxio ós pastores nos temporais. Nun dos laterais conserva unha inscripción que remonta á construcción a 1739. No interior da mesma atópase unha escultura en pedra de San Torcuato que sustitúe a outra desaparecida a mediados do S.XX.

Restos arqueolóxicos

Trátase dun espazo emblemático da contorna, un punto de referencia de todo o curso baixo do Barbantiño e a súa confluencia co Río Miño. O seu propio nome, evoca ós primeiros momentos do cristianismo, xa que Toricuato era bispo e un dos Sete Varóns Apostólicos da tradición cristiá, discípulos directos todos do apóstolo. Autores como Ladislao Castro, apuntan que o nome Torcuato deriva de torques (o que porta o torques) e relaciona o culto a este santo con divinidades precristiás como Bandua.

No espazo que ocupa hoxe a capela, se ubicaba un castro datado entre os S.VII e VI a.C. Con todo parece que a ocupación deste espazo debe ser moi anterior a xulgar polos bifaces tallados en cuarzo atopados na ladeira sur do mesma, que entroncan coa coñecida estación paleolítica de As Chairas.