Por outra banda, en outubro de 1972 a uns 200 metros da capela apareceu unha lauda sepulcral , facendo de abrevadeiro para vacas.
Ademáis, tamén foi atopada, no patio posterior dunha casa cercana, o fragmento dunha curiosa tampa sepulcral que presenta decoración, unha cruz prerrománica de brazos iguais e unha escueta pero importante inscrición.
A tampa presenta groso e dobre baqueteado paralelo na cima das vertentes laterais, e outro único semicircular nos
extremos; igualmente desarrollase outro a o longo do borde da peza, que nalgunhas partes encóntrase desmochada.
No centro da vertente de cabeceira está gravada en relevo unha cruz de tipo visigótico de brazos iguais; na outra a pesares de estar a superficie bastante picada e mutilada, non é probable que houbese decoración algunha. Sobre a superficie das vertentes laterais hai en relevo, como almohadillados, unhas pezas triangulares
A inscrición que luce ésta peza sepulcral foi realizada en época moi posterior, especificándose nela o ano 800. Con todo, algúns autores consideran que a peza podería datarse en datas bastante anteriores.
A corta fórmula epigráfica sepulcral non é usual, e quizáis sexa a única da Península, non habendo podido rastrear nada parecido ata agora, na que resalta o nome LEOKRIS, que lle da nome á peza.
A Lauda sepulcral de O Viñao está agora restaurada e exposta no Museo do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa (PACC) nas inmediacións do Castro de San Cibrán de Lás.