Trátase dun Peto de Ánimas de tipo aberto, carece de fornela que o protexa da interprerie, co que perdeu case a totalidade da policromía que adornaba as súas figuras.
Está presidido por San Francisco que se acompaña dun grupo numeroso de ánimas, entre as que destacan un Papa á dereita do Santo e un Bispo á esquerda, recoñecibles pola tiara e a mitra que cobren as súas cabezas. Por debaixo vénse 5 ánimas máis, tres delas metidas nunha espeie de caldeiro (Caldeira de Pedro Botero)
En cánto ao seu ano de fabricación, ningún epígrafe nos indica o ano de fabricación, pero según a veciñanza foi construído ó mesmo tempo que a fonte pública, que conserva un epigrafe que a data de 1896: ALABADO SEA/DIOS/AVE Mª/PURISIMA/1896/OURENSE.