Emprazamento

Atópase no lugar de Ourantes, ó carón da igrexa parroquial, no torreiro da festa, ocupando una posición de encrucillada coa estrada que vai cara ó Vilar.

Descripción

O cruceiro érguese sobre 4 chanzos,  encaixando no máis alto a base cúbica coas catro caras decoradas.

Na parte frontal da base vése una caveira sobre tibias cruzadas, símbolo da morte de Xesús.

Na parte posterior podemos ver unha inscripción na que se indica o ano de fabricación: “LE MANDº HACER D PGAG AÑO 1867”

Pola banda dereita atópase a representación de tres ánimas entre as lapas do Purgatorio. Baixo elas, atopábase o caixón das esmolas.  

Finalmente,  no lado esquerdo, aínda que moi deteriorado atopábase a representación dunha serpe que lembra a tentación do paraíso. 

 

 

Frontal da base con representación de caveira.
Parte traseira da base coa inscrpción do ano de fabricación.
Banda dereita coa representación das ánimas entre as lapas do purgatorio
Banda esquerda (moi deteriorada) onde se representaba unha serpe

O varal é alto e ben traballado, e  amosa na parte baixa  algúns símbolos da Paixón e Morte de Cristo. Podemos observar na parte dianteira a trenza e tres cravos;  na banda dereita as tenazas, utilizadas para sacar os cravos da cruz; por detrás o martelo, utilizado para cravar as mans e os pés na Cruz; e na esquerda unha escaleira de man de catro chanzos, utilizada para descender o corpo de Cristo da Cruz.

Parte frontal coa representación da trenza e os cravos
Parte traseira coa representación do martelo
Parte dereita coa reprsentación da escaleira
Parte esquerda coa representación das tenazas

O cruceiro está coroado  por un capitel curvilíneo con espirais nas esquinas e dobre ringleira foliar por baixo. Soporta un cruz cilíndrica, con vulvos que simulan os nós da madeira e con figuras en ambas caras. Por diante vemos acrónimo de un Cristo baixo INRI (acrónimo de Iesus Nazarenus Rex Iudaeorum, que Pilatos gravou na Cruz).

O Cristo ten a cabeza inclinada sobre o ombreiro dereito e as mans moi abertas. No reverso vése una Virxe de pe co Meniño Xesús no colo. As vestiduras con numerosos pregues dánlle una gran viveza á imaxe, tratándose do cruceiro de maior categoría de todo o concello.

 

Parte frontal da Cruz
Parte traseira da Cruz