O Cruceiro da Igrexa de Santo Estevo érguese a uns cen metros da Igrexa parroquial, no camiño, hoxe estrada, que conduce á localidade de Lamas. Do seu ano de construcción non sabemos nada ao carecer de epígrafes. Hoxe en día, serve de límite ás procesións parroquiais.
Este cruceiro ten 3 chanzos de sustentación e una base cubica cos ángulos superiores rematados e levente curvados. As catro caras da base están decoradas mediante dous círculos concéntricos, moi similares a outros cruceiros localizados en Maside (Igrexa de Garabás, o Torreiro do Laogo e o do Cemiterio de Maside), polo que seguramente sexan feitos polas mesmas mans.Preseneta una mesa pousadeira por diante. Nesta mesa pousadeira, antiguamente se depositaba o féretro mentras o cura rezaba un reponso polo finado.
O varal é liso, descendente e cuadrangular coas arestas rebaixadas na súa primeira metade, ara volverse despóis cilíndrico. O capitel está decorado con catro espirais nas esquinas.
Finalmete a Cruz presenta figuras en ambas caras. No anverso vése unha imaxe de Cristo, que mira ó fronte e case cara arriba, dando a sensación de que se atopa vivo. Amosa as mans semipechadas, o nó do pano á súa esquerda e o pé dereito sobre o esquerdo.No reverso, Virxe de pé, cuberta por un manto e coas mans cruzadas sobre a cintura.