Trátase dun castro cun pequeo nrecinto superior, ou croa, que ten unha forma ovalada. A este recinto adósanse unha serie de terrazas. Unha delas, pequena e orientada cara o Norte con terraplén, e otras máis amplas ó Leste e o Sur. Polo súa cara Sur parece intuirse un foxo. No sector Oeste aparecen uns restos de unha posible muralla defensiva apoiados na rocha.
Tamén se aprecian gravados en e cazoletas nalgúns dos bloques graníticos espallados polo recinto, que xunto coa cerámica (de época castrexa) atopada en superficie durante as prospección realizadas para a súa catalogación, nos permiten definir o espazo como un recinto fortificado habitado durante a Idade de Ferro.