Emprazamento

Lorem fistrum por la gloria de mi madre esse jarl aliqua llevame al sircoo. De la pradera ullamco qué dise usteer está la cosa muy malar.

Ortofoto na que se ubica o castro de San Trocado e os límites administrativos do Concello de Punxín (resaltado en cor verde)
Mapa de sombras no que se localiza o Castro de San Trocado e os límites administrativos do Concello de Punxín (resaltado en cor verde)

Descripción

Trátase dun asentamento de tipo castrexo conformado morfolóxicamente por dous recintos: un superior ou croa, e outro anexo a el polo norte, a modo de antecastro.  .A súa superficie pode acadar 1,70 hectáreas. 

Na actualidade o espazo atópase moi desfigurado pola construcción da ermita e a pista de acceso, así como pola intensa actividade forestal. Con todo, aínda son visibles ao longo das súas ladeiras occidental e meridional  os restos do material construtivo da antiga muralla exterior.

Nas rochas que coroan o monte, nas inmediacións da capela, tamén poden observárse evidencias do antigo castro nos numerosos afloramentos graníticos. 

 Arredor da capela, pero só pola súa parte occidental, existe outro lenzo de muralla castrexa, máis interior que o anterior. Este pequeno lenzo pode apreciarse, moi parcialmente, a tan só uns 10 ou 15 metros da ermida

Restos de material constructivo espallados polas ladeiras do Monte.

As primeiras ocupación do Monte de San Trocado

As primeiras ocupacións no castro do Coto de Santrocado datan de momentos finais do Bronce Final e inicios da Idade do Ferro, alá polos séculos VII e VI a.C. De esta época proceden os restos de un fogar decorado aparecido no antecastro así como a punta “punta de lanza de bronce composta por unha folla lanceolada de nervo central e unha lingüeta con dúas perforacións dispostas en sentido lonxitudinal” (FARIÑA BUSTO e XUSTO RODRÍGUEZ). Estes autores tamén se refiren aos restos dun vaso carenado de tradición Alpiarça

Aínda que o castro fose datado entre os séculos VII e VI antes de Cristo, podemos supor que as ocupacións humanas son moi anteriores por aquelas terras, xa que se trata dun fito territorial, a máxima altura da contorna. Enlazaría esta primixenia ocupación coa estación paleolítica da Chaira, que se estudou na mesma ladeira occidental da citania de Lámbrica.

 

Sería posiblemente na época do Bronce cando se comezaron a realizar traballos mineiros metálicos nos arredores, ao sur do propio Santrocado (Laias, Razamonde) e nos montes de Xinzo e da Ermida e das Múas en Eiras, onde, asociados aos filóns de cuarzo, extraíase casiterita, un mineral de estaño, e ouro. Hai que recordar que o estaño forma parte da aleación do bronce, xunto co cobre, polo que estaríamos a falar dun mineral estratéxico naquela época, moi buscado polos pobos do ámbito mediterráneo. Non é necesario falar da importancia do ouro.

 

Nas inmediacións do alto do monte tamén se observaron indicios dalgún enterramento individual en pequeno dolmen ou cista, formado por laxas verticais que forman un edículo de planta rectangular orientado de leste a oeste. Non conserva a laxa horizontal ou superior. Este tipo de estruturas funerarias poden suporse da Idade do Bronce, anteriores, por tanto, ao castro propiamente dito. 

Fontes

FARIÑA BUSTO, F.; XUSTO RODRÍGUEZ, M.: “Coto do Santrocado (San Amaro-Punxín-Ourense)” en Arqueoloxía-Informes-2, Campaña 1988. Consellería de Cultura. Xunta de Galicia. A Coruña. 1991

BANDE RODRÍGUEZ, E.: La Romería de San Torcuato. Patrocinado por Caja Rural de Orense. Ourense. 1984

https://reburrinus.fala.gal/o-coto-do-santrocado/

https://lambrica.webnode.es/o-coto-do-santrocado/

http://www.blogoteca.com/lambrica/index.php?cod=158547