Emprazamento

O Castro de San Cibrán de Lás localízase na confuencia do Río Barbantiño co Río Miño, ma marxen dereita déste último. Esta elevación (471 m) ten una forma alongada, paralela ao río Barbantiño, e descende de  maneira abrupta cara o leste e con menor pendiente cara o oeste. A cidade sitúase nun punto de difícil defensa natural, polo que necesitou de fortes e extensos dispositivos de defensa. Dende este emprazamento goza dunha ampla vista dos vales que a rodean e mantén contacto visual cos castros da contorna.

Esta posición elevada otórgalle unha gran visibilidade sobre a contorna e posibilita a conexión visual  da maioría dos fitos xeográficos próximos, como  a serra do Faro, as alturas das marxes do río Barbantiño e Avia e as elevacións próximas á cidade de Ourense. Con todo a súa visión cara o sur, cara ao val do río Miño a sua visión queda tapada polo monte d Sann trocado.

 

Modelo dixital do relevo da confluencia do Río Miño e o Barbantiño. Fonte: Yolanda Álvarez González.

Administrativamente atópase nos límites dos concellos de San Amaro (parroquia de Cristimil) e Pûnxín (parroquia de Ourantes), e ocupa un terreo que pertencente aos montes comunáis de ambas parroquias. Cómo pode observarse na seguinte ortofoto, a metade leste do xacemetno está asentada sobre terras do actual concello de Punxín.  

Ortofoto na que se localiza o Castro de San Cibrán de Lás e os límites do Concello de Punxín (resaltado en cor verde)
Mapa de sombras no que se localiza o Castro de San Cibrán de Lás e os límites do concellos de Punxín (resaltado en cor verde)

Descripción

Tráta dun xacemento repsentativo da etapa final da cultura castrexa, habitado dende o séculos II a.C ata o II d.C, con ocupacións residuais durante os séculos III e IV d.C. 

 

O seu nome orixinal (Lansbricae) apareceu nunha das tres inscricións atopadas. Unha na porta de poñente do recinto central, fragmentada; outra, breve e sobre a superficie dunha pedra, na acrópole, cunha dedicatoria a Iuppiter; e a terceira, dedicada a Bandua Lansbricae, que xunto aos documentos
medievais, permite coñecer o nome do poboado.

 

 

 

 

O castro estrutúrase en dous recintos amurallados de forma elíptica case concéntricos; No centro levántase un primeiro recinto, acrópole ou croa, igualmente con forma ovoide e co seu eixo maior en sentido norte-sur. Este primeiro recinto non estaría adicado a vivendas, senón a atividades encamiñadas a fortalecer a cohesión da comunidade (actividades relixiosas, rituais ou inclusod e mercado). A importancia deste espazo explica a existenza de dúas grandes rúas empedradas que conducen desde as respectivas portas Este e Oeste ata este recinto central. 

 

recinto medio, que circunscribe ao anterior, ten maior superficie. Por el distribúense as vivendas, destacando as rectangulares con estrutura de casas-patio, aínda que tamén existen vivendas circulares e individuais. As escavacións permitiron sacar á luz algunhas das rúas con disposición radial, o que deixa entrever unha planificación urbanística

 

 

A porta occidental ten, diante, outra muralla con porta monumental. Esta terceira muralla polo Oeste configura un recinto exterior a modo de foso. Como vemos destaca e impresiona o sistema defensivo, as murallas alcanzan en determinadas zonas os tres metros de grosor; son transitables accedéndose ao alto por medio de escaleiras; ademais, as portas flanquéanse con macizos torreóns con corpo
de garda.

A) Dedicatoria a Júpiter (IOVI) grabada sobre una roca adyacente al muro occidental de la acrópolis, al fondo, sobre la muralla, la cima de San Trocado. B) La inscripción anterior en su contexto, la cima del monte de San Trocado queda oculta por la copa de un pino. C) Ara romana con dedicatoria al dios prerromano BANDUA LANSBRICAE, el epíteto que proporciona el topónimo indígena; según testimonios orales apareció en las inmediaciones de la puerta oeste de la acrópolis. D y E) Estelas con dedicatorias a las divinidades indígenas SADV VLADV y NABIA ABIONE encontradas en la campaña de 2003 en el interior de la acrópolis junto a la muralla al norte de la puerta occidental (dibujos de M.A. López Marcos). Fonte: Yolanda Álvarez González (2017)
Fotografía aérea Porta Oeste
Fotografía aérea porta Leste (Punxín)

Breve historia das Investigacións

INTERVENCIÓNS PREVIAS (1921-1993)

As primeiras investigacións realizáronse a principios do século XX, sendo pioneiro Florentino López Cuevillas, que perfilou as principais características do xacemento nas súas primeiras publicacións.

Os traballos comezan coas visitas de López Cuevillas en 1921 a San Cibrán de Lás, que promovería a primeira intervención en 1922, continuando estas ata 1925. O 20 de abril de 1922 publica na revista Nos, no seu número 10, o inicio das campañas de escavación no Castro de San Cibrán das, a cargo do médico Roberto Tizón de San Amaro.

Segundo estas noticias, as intervencións centráronse no que chamaban as fortificacións de fosos e murallas que rodeaban o xacemento. No Boletín da Real Academia da Lingua Galega, en 1924, publícanse os resultados de seguintes campañas de escavación no Castro de San Cibrán de Lás, describindo os achados e as estruturas descubertas de forma xeral.

 

F.López Cuevillas e V. Risco nunha visita a San Cibrán de Lás. Fonte: Yolanda Álvarez González (2019)

 

Posteriormente as escavacións retomáronse en 1948 e 1949, éstas fóron levadas a cabo por  D. Xaquín Lorenzo (Xocas) e dirixidas de novo por López Cuevillas (cuxas anotacións orixinais consérvanse no Museo Provincial de Ourense). Destes traballos  só coñecemos os resultados publicados nos Cadernos de Estudos Galegos, en 1954 por Manuel Chamoso Lamas.

Nos anos posteriores ás últimas campañas de 1949, o xacemento foi intensamente expoliado e utilizado como un lugar de provisión de pedra para a construción, de tal forma que moitas rúas da vila de Carballiño se empedraron utilizando a pedra obtida das ruínas do poboado, espolio que terminou en 1969 grazas á xestión e denuncia de D. Xesús Ferro Couselo.

Tras anos de abandono, en 1982, publícase no Noticiario Arqueolóxico Hispánico, que comezan as novas campañas, dirixidas por Bieito Pérez Outeiriño. Estas campañas foron levadas a cabo con metodoloxía arqueolóxica e delas temos documentación recollida en distintas publicacións, memorias, e inventarios (Memorias e Informes depositados na Xunta de Galicia), que permiten contextualizar os elementos exhumados durante as escavacións.

En resumo, os traballos acometidos en San Cibrán das ao longo do século XX permitiron a exploración dos puntos máis significativos do poboado, o que supuxo o coñecemento das súas dimensións e dos seus trazos morfolóxicos xenerais, incluíndo as características principais dos sistemas defensivos (portas, murallas, accesos…).

INTERVENCIÓNS RECENTES E NOVOS SECTORES DE ESCAVACIÓN (2000-2010)

No ano 2000 retómanse de novo as actuacións no xacemento, co obxectivo da súa posta en valor. Con este propósito propúxose unha tarefa fundamental antes de comezar calquera novo labor de investigación: recuperar os restos arqueolóxicos xa exhumados nas campañas anteriores e que se atopaban en estado de abandono, unificando o aspecto expositivo dos restos. Nesta fase de traballos hai un momento clave, entre os anos 2001 e 2002, cando  San Cibrán de Lás se converte no  centro
cabeceira da 
RGPA (Rede Galega de Patrimonio Arqueolóxico) para o mundo castrexo.

Nos anos 2003 a 2005 actúase de maneira moi intensa nas zonas interiores do xacemento co mesmo equipo de arqueólogos e restauradores, dentro da estratexia que implicaba a construción do PACC (Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa). O establecemento dun itinerario obrigou á restauración do perímetro amurallado, que se realiza durante os anos 2005, 2007, 2008, 2009 e 2010.