O xacemento está formado por unha croa alargada e varias terrazas ó N e S, que se adaptan á topografía do Outeiro. Dita topografía, escarpada polas súas caras norte, sur e oeste, dotan ao Castro da Zarra dunhas defensas naturais que o fan inaccesible.Quizáis por este motivo non se aprecian foxos nen estruturas defensivas artificiais.
As medidas totais incluídas as terrazas son duns 90 m de longo e 25 m de ancho.
Tamén hai que sinalar o seu abanico visual sobre todas as terras de Punxín e San Amaro, tendo un gran control visual sobre todos os castros da comarca.
Ademáis dos materias cerámicos (de época castrexa) atopados en superficie durante as prospeccións realizadas para a súa catalogación, existe una peculiaridade salientable nestre castro, que son a grande cantidade de petroglifos de cronoloxía indeterminada labrados sobre as rochas do xacemento. Na terraza N do castro hai alomenos tres rochas todas con cazoletas e círculos simples.
Neste sentido, cómpre apuntar a existenza, xa no exterior do recinto, do Petroglifo de A Zarra.