Camiños Tradicionais polas Parroquias de Freás e Ourantes.
Estes camiños percorren as parroquias de Freás e Ourantes. A ruta proposta tes uns 6,5 km de distancia. Trátase dunha camiñata moi doada de facer dado que apenas ten uns 140 metros de desnivel e a parte ascendente do seu percorrido é moi suave. Ao longo desta ruta percorreremos o entorno do espectacular Castro de Lás.
Iniciariamos a camiñata no entorno da Iglesia de Freás en direccion a Figueiroa.
A escasos 100 m do cruce de Figueiroa “1”, collemos un camiño á esquerda que nos leva ata o mesmo limite de Punxín con San Amaro “2”.
Dende este punto, ó cruzar a estrada que une Freás con Cristimil, continuamos por un camiño que nos leva ata a Torre “3”. Trátase dunha aldea singular, dividida polos concellos de San Amaro e Punxín, na que ademáis se atoparon restos dunha posible vila de época romana.
Dende A Torre collemos un camiño que nos leva ata a mesma porta leste do Castro de Las “4”. Á cal, xunto coa calzada Romana fai especial referencia Cuevillas nas súas primeiras excavacións.
Percorremos uns 100m da muralla hacia o sur desde onde arranca un camiño que despois de 300m “5” enlaza con outro que nos levaria ata a aldea de Vilar “6” . Gran parte deste camiño probablemente fóse a comunicación do Castro de Ourantes co Castro de Lás.
Dende Vilar regresamos a Freás por un espectacular sendeiro “7” que atravesa entre carballos chegando asi o final da ruta.