Estos camiños percorren a parroquia de Ourantes, Trátase dunha camiñata circular de dificultade moderada de  de aproximadamente 7,4 km.  A ruta comeza cun ascenso bastante pronunciado dende Ourantes ata a Capela do San Trocado, pero a partir de aquí, a ruta resulta máis sinxela. Ao longo do itinerario proposto cabe destacar o entorno do coto de San Trocado e as espectaculares vistas do Val do Barbantiño e do Rio Miño.

  1.  Iniciariamos a camiñata na Fonte de Ourantes, pasando a escasos metros do inicio polo Peto de Animas de Ourantes “1”.
  2. A uns 500 m do inicio comenzamos o ascenso hacia o San Trocado; si inicialmente os primeiros 300 m son un pouco pronunciados o resto e moi levadeiro.  Durante todo o ascenso podremos disfrutar das espectaculares vistas do Val do Barbantiño “2”.
  3. Unha vez que chegemos á Capela do San Trocado “3”, podremos disfrutar do seu entorno. Éste é un punto de gran interése arqueoloxico; enclave estratéxico no punto de conexión do Río Barbantiño e o Río Miño. Neste punto confúen os concellos de  Punxín, Cenlle e San Amaro.
  4. Dende aquí iniciamos o descenso polo Monte de San Trocado disfrutando das espectaculares vistas “4” que nos ofrece desde os seus multiples camiños.
  5. Unha vez que chegamos á parte máis baixa, comenzamos o ascenso ata Ourantes por un camiño que lle chaman a calzada “5” o cual probablemente unia o entorno de San Trocado coa zona da Barca en época Romana, zona clave que unía os camiños de Portugal e Galicia.