Estos camiños discorren pola parroquia de Vilela. Trátase dunha camiñata circular de pouca dificultade de aproximadamente 7,6 km.  Ao longo da ruta podremos disfrutar da  Iglesia de Vilela, as vistas de Freás e do val do regato de Faro, o Castro de Villamoure e as aldeas de Os Chaos e A Nogueira.

  1. Iniciariamos a camiñata na Iglesia de Vilela, dende onde nos diriximos a Vilela collendo unha pista que vai ata a localidade de  Barxelas “1”.

 

  1. Collemos unha senda a man dereita “2” para dirixirnos á Barxelas “3”e a Os Chaos “4”.

 

  1. Dende os Chaos collemos un camiño que nos dirixe a Villamoure. A uns 100 m da interseccion de camiños “5”, podremos ver, si nos desviamos á dereita pola pista asfaltada, o entorno do Castro de Vilamoure.

 

  1. Dende esta intersección,  collemos o camiño que nos leva ata a pista asfaltada que sube da localidade de Aguieira a Vilamoure “7”. Antes de estreitarse o camiño disfrurtaremos dunhas vistas espectaculares “6” da zona de Freás, a Torre do Faro e a Val do regato de Faro.  Neste punto,  sae unha senda a esquerda “8” cara Villamoure “9”.

 

  1. Unha vez que pasamos Vilamoure, atoparemos unha senda a man dereita que nos leva ata o limite do concello de Punxín con Maside “10”.

 

  1. Dende aquí dirixímonos por un camiño á localidade de  Vilela, onde á altura dos restos dun antigo cruceiro “11” nos dirixiremos por A nogueira “12” ata coller un camiño que nos leva a Figueiroa“13” . Dende os restos do cruceiro podríamos regresar directamente ao punto de partida ou continuar ca ruta hacia Figueiroa.

 

  1. Dende Figueiroa collemos unha senda “14”, e ao cruzar a pista asfaltada un camiño “15”que nos levarían ata Barxelas, dende onde voltamos por unha pista asfaltada ata a Iglesia.