Estos camiños discorren pola parroquia de Vilamoure. Trátase dunha camiñata circular de pouca dificultade, de aproximadamente 6,4 km. Ao longo da ruta proposta pasaremos pola Iglesia de Santo Estevo, O castro do Outeiriño e os Petroglifos das Chairas, Da Pedra da Silva e do Esperolo.
Iniciariamos a camiñata na Iglesia de San Estevo, unha vez que atravesamos a localidade de San Estevo, collemos unha senda “1” que nos leva ata a zona coñecida como As Chairas “2”.
Nesta zona atopamos próximos tres petróglifos “3” e o Castro de Outeiriño “4”.
Continuamos o camiño das Chairas e collemos unha senda “5” que baixa pegada á liña do Gas que descende ata o Viñao.
Antes de chegar ao Viñao collemos unha senda a man esquerda “6” que nos leva en direccion á localidade de Lamas. Dende este punto, a escasos 100 m, podremos ver o denomiado Petroglifo do Esperolo “6A”.
Continuamos a Senda despóis de cruzar a pista de acceso a San Estebo “7” dende a N -525 hacia Lamas atravesando o entorno da Castronela “8”.
Ao pasar a Fonte de Lamas “9”, collemos un camiño á dereita que nos leva ata a localidade de Villamoure “10”.
Dende Villamoure collemos unha senda que, despóis de atravesar un regato, nos leva ata as chairas “11” .
Dende as chairas volvemos cara San Esteban por unha senda que pasa pegado os petróglifos da Pedra da Silva “12”.