Estos camiños percorren parte da parroquia de Barbantes. Tralos traballos de limpeza e desbroce pódese realizar unha camiñata circular de aproximadamente 5,1 km. Ao longo deste ruta podemos observar os pazos de Outeiro e Fornitilleiro, a iglesia de Santiago, a capela de San Juan Abad, a antiga aldea de Cirveira e podremos disfrutar dunhas vistas privilexiadas do Val do Barbantiño.
Iniciaríamos a camiñata na iglesia de Barbantes e subimos por unha pista asfaltada en direccion Rubias.
A uns 400m atopamos unha cruz dende onde veremos unhas vistas espectaculares do val do Barbantiño “1”.
A uns 200m da cruz “2” atopamos un sendeiro a man dereita que nos leva ata unha pista de zahorra que seguiremos a man dereita.
Ao final desta pista chegamos a un cruce de catro camiños “3”, a uns 80 m a dereita collemos un sendeiro que nos leva ata o Outeiro “5”. Dende aquí podemos ver o pazo do Outeiro e a Capela de San Juan Abad “4”.
Dende o Outeiro collemos un sendeiro que nos leva ata Barbantes “6”, onde continuaremos por un camiño que sube fronte á Igrexia “7”, ata a aldea abandonada de Cirveira “8”.
Ao pasar Cirveira continuamos polo sendeiro ata chegar novamente a Barbantes, onde veremos pouco antes de chegar é destino, á nosa dereita, o pazo de Fornitillleiro “9” e o seu Pombal.