O Concello de Punxín está levando a cabo un programa de limpeza e recuperación dos camiños tradicionais do municipio. Trátase dunha proposta que pretende recuperar aquelas sendas que dende antigo permitiron o tránsito a traveso das diferentes localidades do término municipal. A limpeza e posta en valor destes camiños, pretende xerar un conxunto de «Rutas» que permitan acercarnos ao territorio do Concello e aos seus espazos máis característicos.
Camiños Tradicionais pola parroquia de Punxín (Baldariz)
Ruta circular de 6,3 km que percorre parte da parroquia de Punxín pola marxen do Río Barbantiño.
Ruta circular de 7,1 km de distancia que percorre unha zona da parroquia de Ourantes caracterizada pola existenza de numerosos xacementos arqueolóxicos vinculados ao coñecido Castro de Lás.
Ruta circular de 7,6 km de distancia que nos permite disfrutar das vistas de Freás e o val do Regato do Faro, o Castro de Vilamoure e as aldeas de Os Chaos e A Nogueira.