Benigno Quiroga Fernández naceu en Punxín, e morreu en Santa Cruz de Tenerife o 22 de maio de 1916, foi un empresario e filántropo galego, benefactor do concello de Punxín. Emigro mozo a Chile, instalándose na rexión de Iquique onde inicio os seus traballos no sector da explotación e comercialización da salitre. Co tempo chego a ser propietario da salitrera Diana e da salitrera Iris, esta ultima situada no cantón de Lagoas que estivo operativa entre 1914 e 1955. Primeiro como a Compañía Astoreca e Quiroga, e logo unha vez falecido Benigno como Astoreca E Urriticochea, que finalmente quedo en mans de Luís de Urriticochea Sobrino da súa viúva Dna. Leoa.
En 1990 a Ex Oficina Salitrera Iris foi declarada Monumento Histórico, polo seu valor patrimonial e por ser testemuño da vida salitrera a comezos do século XX.
D. Benigno Quiroga Fernández no seu testamento redactado o 25 de Julio de 1915 en Iquique (Chile) deixou un legado importante para Punxín, o 15% dos seus bens deberían servir para crear e servir un grupo escolar laico en Punxín que garantise polo menos o funcionamento durante 20 anos. Aproximadamente unhas 170.000 pesetas da época, das que 35000 pesetas destinaríanse á construción do edificio e os 135000 restantes investiríanse en títulos da débeda interior a uns intereses do 4 % Despois da súa morte, a súa viúva Dna. Leoa Urriticochea Bilbao creou unha Fundación e un Padroado (FUNDACIÓN BENIGNO QUIROGA FERNÁNDEZ) para que se ocupasen dos trámites. Acudiu Xunto coa Xunta de Beneficencia ao notario para realizar a Doazón o 5 de abril de 1919. Desta doazón xurdiron os fondos para comprar o terreo, pechar a leira, construír a edificación, dotar de material ao centro, pagarlle aos mestres e funcionar con fondos propios durante mais de 20 Anos.
Despois de tres anos de obras, no curso 1923-1924 comezaron a impartirse as clases. A día de hoxe existen familias de catro xeracións que estudaron neste centro. Imaxe do curso 1923-1924
O edificio dividíase en dous partes totalmente simétricas; nunha parte, na planta baixa, a escola de nenas, mentras que na primeira planta reservávase para a residencia da mestra; e na outra parte, a escola de nenos e residencia do mestre. Unha vez terminadas as clases de ensino escolar impartíanse clases de Formación Profesional; ás mulleres formación sobre as tarefas do fogar e aos homes formación sobre modalidade agrícola. Tamén se impartían clases de mecanografía.
D. Benigno Quiroga Fernández recibiu a Gran Cruz de Beneficencia outorgada polo goberno de ALFONSO XIII, a súa doazón foi declarada de interese benéfico docente. En 1927 a súa viúva Dna. Leoa Urriticochea Bilbao doo o reloxo da igrexa parroquial de Sta María de Punxín.
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional
Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos.El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.